Máster de videoxogos da EBF na Coruña

Estás pensando en facer un máster de videoxogos? Na Coruña impártese o mellor de toda Galicia, organizado por EBF, a Escola de Negocios.

Un máster integral que che ensinará todo o necesario relativo ó mundo dos videoxogos, dende a súa creación até facer unha difusión adecuada do mesmo.

Máster de desenvolvemento e deseño de videoxogos

Este máster funciona coma se dun estudio independente de videoxogos se tratase. Deste xeito, os alumnos traballarán conxuntamente co obxectivo de acadar unha misión. Esta pode ser ben realizar un videoxogo completo duns 10-20 minutos de duración ou ben os primeiros niveis dun máis largo, nos que se amosaría a experiencia global do mesmo.

O máster de videoxogos de EBF está dividido en dous grandes bloques. Estes están organizados de maneira que o alumno remate o mesmo con coñecementos amplos e aplicables ó mercado laboral.

Máster de desenvolvemento e deseño de videoxogos en A Coruña

Máster de deseño de videoxogos

Por un lado, aprenderás a desenvolver as características que son imprescindibles para o deseño e modelado das personaxes do xogo. Así como a exportación do mesmo á ferramenta Unreal.

Máster de desenvolvemento de videoxogo

Por outro lado, traballarás en como crear o videoxogo dende 0, con Unreal, engadindo á formación o uso da ferramenta Blueprints. Dominar esta é imprescindible e a formación impartida referente á mesma irá variando en función do tipo de videoxogo escollido.

O mellor aval que che ofrece o noso máster de videoxogos é que sairás del cun proxecto real que che servirá como aval para comezar o teu camiño no mercado laboral. É dicir, non comezarás as túas entrevistas de traballo dicindo que non tes experiencia, xa que poderás ensinar o teu proxecto como carta de presentación.

Se tes vocación artística e entendes os videoxogos como algo especial, aprende a idealos, desenvolvelos e deseñalos co máster de videoxogos da EBF na Coruña. Contáctanos xa sen compromiso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *